Boletín maio 2023
Últimas actividades ☠ Libros cartoneiros ☠ Novidades
Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar
Episodios feitos no Obradoiro de Podcast para o 3º Certame radiofónico – Mulleres na sombra Hipatia foi a maior matemática e astrónoma da súa época, entre os anos 355 e 415 en Exipto. Safo foi unha das máis coñecidas voces da poesía grega clásica, a única muller entre todos os demais autores de lírica.
Ademais dos livros cartoneiros, esta semana deu para moita coisa 🙂 “Maialen e Iván de 1SMR entrevistam a professora brasileira Manuela Travasso.“
Poesía galega e brasileira contemporánea. Autoría: Luís Valle, Antonio Carlos Secchin, Ramiro Torres, Mariana Ianelli, Rosalía Fernández Rial, Micheliny Verunschk, Tamara Andrés, Miró da Muribeca, Tiago Alves Costa, Paulo de Tarso Correia de Melo. Antoloxía creada para un obradoiro de libros cartoneiros, que recolle traballos de cinco poetas da Galiza e cinco do Brasil.
En abril de 2023 tivemos varias sesións dun obradoiro de creación de libros cartoneiros dinamizadas pelo professor Wellington de Melo, da Universidade Federal de Pernambuco, que tamén gravou este vídeo titorial para que poidamos repetir a experiencia no futuro. Durante o obradoiro creamos 40 exemplares de Versos no cartão, unha pequena antoloxía de poesía contemporánea…
Episódio do 3º Certame radiofónico – Mulleres na sombra A primeira mulher a votar na Europa Ocidental e também cirurgiã pioneira.
Se queres presentarte a este concurso, envíanos unha ou dúas fotografías propiedade da túa familia, anteriores a 1970, acompañadas dun texto descritivo: clube@iessanclemente.net Cinco premios! un computador portátil e catro tablets.
Quecendo motores para o próximo concurso do Obradoiro da Igualdade! O episodio número 34, unha colaboración coa EOI de Vilagarcía: Marina (estudante de italiano da EOI de Vilagarcía de Arousa) pon voz a un guión de Marcos (profesor do IES San Clemente) sobre La Malinche, episodio que enviamos á Rede Espora para celebrar o Dia…