Inauguración PNO 30
Acto de inauguración da exposición “Un modelo para o mundo – 30 anos de Ponte… nas Ondas!”. Vídeo de Anxo del Caño e Laura Lameiro, de 1ASIR-B. Máis info e fotos, aquí.
Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar
Acto de inauguración da exposición “Un modelo para o mundo – 30 anos de Ponte… nas Ondas!”. Vídeo de Anxo del Caño e Laura Lameiro, de 1ASIR-B. Máis info e fotos, aquí.
Na quinta xornada da actividade “Compostela” visitamos o Pazo de Fonseca onde inauguraron a exposición do 30º aniversario de Ponte nas Ondas. Velaí unhas cantas fotos e en breve publicaremos un vídeo do evento:
Finalizamos o obradoiro de introdución a Python do ano lectivo 2026/2027 onde participaron 8 estudantes de diferentes grupos e 3 profesores. Durante o mes de novembro vamos experimentar coas Raspberry Pi que nos permitirán profundar un pouco máis no uso de Python e tamén practicaremos conceptos de redes, sistemas operativos, electrónica, etc.
Oito integrantes do grupo “Compostela” xunto co profesor acompañante, foron ao cinema das Cancelas a ver La Bola Negra, un filme tan impactante que até esqueceron facer a típica foto de grupo :-S E na seguinte semana fixeron un roteiro polo río Sarela abaixo, entre Santa Isabel e San Lourenzo (en realidade, un pouco máis…
Na segunda xornada comemos xuntos e fomos no bus urbano á Cidade da Cultura para ver a exposición “Galiverso explora o ceo” con gafas de realidade virtual. Tamén aproveitamos para visitar “Voces do Pacífico. Innovación e tradición” Queres participar na próxima? Escribe a: clube@iessanclemente.net
Na primeira saída de outubro pasamos polo Parque de Vista Alegre de camiño ao Auditorio de Galicia, onde tiñan todo preparado para a actuación da Real Filharmonía. Alí vimos e participamos na exposición Ensaios Colectivos dun Nosoutras. Velaquí algunhas fotos da xornada. Queres participar na próxima? Escribe a: clube@iessanclemente.net
Obradoiros Queres participar nun obradoiro de iniciación de 5 horas? Son gratis e tes a posibilidade de obter diploma! A novidade deste ano (ademais de linguas estranxeiras, tecnoloxía e lectura) son as saídas pola cidade de Compostela para visitar empresas TIC, museos, roteiros, etc. Para solicitar praza nestas ou noutras actividades, fai clic aquí e…
O Departamento de Galego e o Clube prepararon un posto con lecturas sobre Begoña Caamaño. Lembra que podes levar emprestado calquera destes libros e mesmo pedir novos títulos para comprarmos, escribindo a clube@iessanclemente.net Ademais, o EDLG organizou estas dúas actividades:
Velaquí os catro traballos radiofónicos que producimos para o Obradoiro da Igualdade e foron premiados no 6º Certame Mulleres na Sombra. Queremos destacar o do ex alumno Félix Paz que, aínda que non participou no concurso, leva un pequeno detalle pola súa peza sobre Clara Campoamor.
Podcast criado numa atividade presencial de 1SMR e 1ASIR no AE Carlos Amarante de Braga, em abril de 2026. Que podemos fazer como profissionais da informática para contribuir com as metas da Agenda 2030? Ouve em iVoox ou Spotify.