Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros
  • Radio e YouTube
  • Xestión
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Obradoiros

Clica aquí para veres as novas relacionadas cos Obradoiros.

Club de electrónica, multimedia, programación, lectura, linguas estranxeiras, cinema, impresión 3D, robótica, escritura creativa… do que ti queiras!!

  • Organizamos obradoiros presenciais, semi-presenciais e a distancia, fóra do horario lectivo.
  • Son gratuítos, teñen unha duración de 5 horas cada un, con posibilidade de diploma.
  • Están baseados nas metodoloxías TIC, TAC, ALFIN e contan con tres fases: investigación, produción e publicación.

Propostas para o ano 2023/2024:

  • Lectura estendida: escollemos un libro calquera, facemos unha pequena investigación sobre algún aspecto que conteña e publicamos unha ficha con esa información aquí. Tres obradoiros para participar con libros en galego, en linguas estranxeiras e sobre igualdade e diversidade.
  • Francés, Italiano e Lingua de signos: introdución a estes idiomas prestando especial atención ao contexto informático e laboral.
  • Debuxo e gravado: seguir as guías de Inktober e aprender as técnicas de linogravado e frottage. Procesamento das imaxes con GIMP. Creación de produtos para os concursos do EDLG e Igualdade.
  • Edición de vídeo: creación de vídeos usando set, croma, dron, trucos varios e técnicas como time lapse. Edición con Kdenlive e participación nos concursos do EDLG, Igualdade e Perdidos e Achados.
  • Creación de podcast: edición con Audacity e difusión na nosa canle. Participación en Ponte nas Ondas, Rede Espora e Concurso Exóticas.
  • Programación con Python: as primeiras liñas de código nesta linguaxe.
  • Raspberry Pi: prácticas con este micro computador que integran un pouco de hardware, electrónica, sistemas operativos, redes e programación.
  • Modelado e Impresión 3D.
  • Creación dun website con Cloudflare: contratar un dominio propio, usar GitHub, adaptar un modelo de páxina web simple e tamén veremos un chisco de HTML e CSS.
  • Creación musical da man de Pouland Studios.
  • Correspondentes xuvenís: facer eco das propostas destinadas á xuventude a través da creación de produtos multimedia (podcast, vídeo, carteis, etc). Participación en concursos, nun encontro de tres días en Gandarío e outras xornadas con mocidade galega. Con certificado oficial de Xunta de Galicia.
  • Voluntariado: neste caso non falamos dun obradoiro senón de tarefas tradicionais das bibliotecas escolares como alta e baixa de lectores e libros, xestión de préstamos e devolucións, etc. Inclúe un diploma oficial de entre 15 e 30 horas expedido pola Xunta (*)

Queres participar nalgunha das propostas mencionadas? Solicita aquí a túa praza

Tes algunha necesidade concreta de formación (ou simplemente curiosidade) noutra área? Queres dinamizar algún obradoiro sobre algo que se che dea ben? Escríbenos a: clube@iessanclemente.net

(*) Tamén podes optar ao diploma do programa de voluntariado da Xunta se participas nun mínimo de tres obradoiros.

Histórico

Queres ver o que fixemos o ano pasado?
Actividades 22/23Mes
Lectura estendida – galegoOutubro e novembro
Français et InformatiqueOutubro
Edición de imaxes con GIMPNovembro
Lectura estendida – Linguas estranxeirasXaneiro e febreiro
eMarketingXaneiro
Creación de videoxogosFebreiro
Creación de podcastMarzo e abril
Lectura estendida – IgualdadeAbril e maio
Raspberry PiMaio
Voluntariado na biblioteca (*)Todo o ano

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme