Expo Ponte nas Ondas – 2026
Na quinta xornada da actividade “Compostela” visitamos o Pazo de Fonseca onde inauguraron a exposición do 30º aniversario de Ponte nas Ondas. Velaí unhas cantas fotos e en breve publicaremos un vídeo do evento:
Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar
Obradoiros da Biblioteca Escolar
Na quinta xornada da actividade “Compostela” visitamos o Pazo de Fonseca onde inauguraron a exposición do 30º aniversario de Ponte nas Ondas. Velaí unhas cantas fotos e en breve publicaremos un vídeo do evento:
Finalizamos o obradoiro de introdución a Python do ano lectivo 2026/2027 onde participaron 8 estudantes de diferentes grupos e 3 profesores. Durante o mes de novembro vamos experimentar coas Raspberry Pi que nos permitirán profundar un pouco máis no uso de Python e tamén practicaremos conceptos de redes, sistemas operativos, electrónica, etc.
Oito integrantes do grupo “Compostela” xunto co profesor acompañante, foron ao cinema das Cancelas a ver La Bola Negra, un filme tan impactante que até esqueceron facer a típica foto de grupo :-S E na seguinte semana fixeron un roteiro polo río Sarela abaixo, entre Santa Isabel e San Lourenzo (en realidade, un pouco máis…
Na segunda xornada comemos xuntos e fomos no bus urbano á Cidade da Cultura para ver a exposición “Galiverso explora o ceo” con gafas de realidade virtual. Tamén aproveitamos para visitar “Voces do Pacífico. Innovación e tradición” Queres participar na próxima? Escribe a: clube@iessanclemente.net
Na primeira saída de outubro pasamos polo Parque de Vista Alegre de camiño ao Auditorio de Galicia, onde tiñan todo preparado para a actuación da Real Filharmonía. Alí vimos e participamos na exposición Ensaios Colectivos dun Nosoutras. Velaquí algunhas fotos da xornada. Queres participar na próxima? Escribe a: clube@iessanclemente.net
Como continuación do Obradoiro de Creación Musical, no 19 de marzo visitamos Pouland Studios onde Iago Pico nos ensinou os diferentes espazos de gravación e a sala de control, fixemos a configuración para a comunicación entre técnicos e artistas e rexistramos as voces do noso hit. Álbum con todas as fotos da xornada Mil grazas…
No 26 de febreiro, doce participantes no Obradoiro de Italiano fomos realizar unha actividade na biblioteca da EOI de Santiago de Compostela, dinamizada polas profesoras Tina e Sara. Consistiu nunha presentación seguida dunha caza ao tesouro en tres grupos, con lambetadas de premio. Ringraziamo tantissimo le professoresse per il lavoro svolto e gli studenti che…
No día 6 de febreiro tivemos un obradoiro dinamizado por Iago Pico, produtor de Pouland Studios, con quen exploramos a parte técnica (hardware, software) e a artística da creación musical actual. Creamos entre todos un hit que será publicado en LusoMicroFonia en canto o finalicemos, con instrumentos de percusión, teclado, corda e voces. Tamén respondeu…
No 16 de xaneiro de 2025 tivemos o noso primeiro obradoiro de Lingua de Signos, dinamizado pola profesora Tareixa Martínez, coa participación presencial de oito persoas (3 de 2DAM, 3 de 2SMR, 1 de 1Bach e 1 Profe) e por videoconferencia (nalgún momento das catro horas que durou a actividade) doutras catro persoas (1 de…
Durante os meses de outubro e novembro de 2024 desenvolvemos o atelier de língua portuguesa com três grupos, dois de nível B1 e um de nível B2. Estas fotografias são da atividade em que trabalhamos e apresentamos mais sobre a cultura lusófona, através da dinâmica “Quem sou eu?”. Os alunos decidiram apresentar países lusófonos e…