Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros / eBooks
  • Radio
  • Xestión
  • Moito máis > IES San Clemente
  • Toggle search form

Entre volantes nos anos 60

Posted on 25 Xaneiro, 202425 Xaneiro, 2024 By admin Non hai comentarios en Entre volantes nos anos 60

Estamos a punto de adentrarnos na narrativa visual dunha fotografía única, composta por unha muller dos anos 60 dentro dun coche da autoescola Miramontes. A historia está a piques de comezar.

Remontámonos á Galicia dos anos 60. Unha moi diferente á que podemos atopar hoxe en día, cun tipo de economía menos globalizada e unha dictadura que deixou pegada en nós…

Eu véñovos falar dunha pequena parte desa Galicia pasada e da miña tía Carmela. Unha muller excepcional. Aínda que a fotografía non teña os megabytes suficientes para abarcar o que representou para nós, tentarei explicalo o mellor posible.

A filla maior da familia Riveiro, sempre tivo un sorriso na cara, ainda que nesta foto a súa alegría interrompeuse polos nervos do que estaba a acontecer:

Carmela, con tan só 18 anos, procuraba coa vista o examinador, que lle daría unha liberdade moi prezada nesa idade: a posibilidade de moverse sen depender dos demais, de conseguir unha autonomía privilexiada para esa época, sobre todo sendo muller.

Nun seat 600 de cor branca, fixo historia, a súa propia historia, que hoxe teño o pracer de compartir convosco.

Autor: Ramón Salgado Alcalde – 1ASIR

Música: Separation | Royalty-free Music – Pixabay

radio

Navegación de entradas

Previous Post: Girl’s Last Tour Vol.1 ( Shōjo Shūmatsu Ryokō )
Next Post: O Medo do Homem Sábio

More Related Articles

Aniversário de Saramago radio
Hablando en la nube radio
Día Mundial da Radio 2025 radio
Na cozinha da pequena casa azul radio
Exóticas 2026 radio
Visita à CRTVG (2025) novas

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

Artigos recentes

  • Comerás flores
  • Galiverso – 2026
  • Auditorio de Galicia – 2026
  • Boletín setembro 2026
  • Ataque dos Titãs

Comentarios recentes

  1. carme en Comerás flores
  2. carme en Comerás flores
  3. carme en Comerás flores
  4. a25marioaa en IRENE, A PORTEIRA
  5. A25marcosAS en Ataque dos Titãs

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme