Fallo do xurado:
Primeiro premio, modalidade de poesía:
Nieves Iglesias Pereira de 1SMR por Luz no ar.
Segundo premio, modalidade de poesía:
Ismael Mosquera de Jesús de 1DAW por O que falta no peito.
Primeiro premio, modalidade de relato:
Xabier Otero Guillán de Especialización DVRV por A auga murmurante.
Queres ler os traballos premiados?
☼
Bases:
O CLUBE do IES San Clemente convoca o 39º Concurso Literario. Bases:
- Poderá participar todo o alumnado do IES San Clemente (ESA, Bacharelato e Ciclos Formativos).
- Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante pode entregar un traballo en cada modalidade.
- Deberán ser orixinais, orgánicos (*), inéditos, de temática libre e escritos en galego.
- A extensión máxima do relato é de 5 páxinas e a mínima de media páxina, escritos a dobre espazo en letra Arial 12. Na modalidade de poesía, a extensión é libre.
- Os traballos deberán enviarse en formato odt, doc ou docx por correo electrónico a clube@iessanclemente.net, indicando o título, os datos persoais e a proba (*).
- Data límite: 10 de maio de 2026 ás 23:59.
- Para cada modalidade, haberá un primeiro premio por valor de 100 € e un segundo de 75 €, para cambiar por material informático, de papelería ou libros. Os premios non poderán quedar desertos. A criterio do xurado, tamén se poderán conceder accésit.
- O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

(*) Tócavos demostrar de algunha maneira que os textos son propios e que non se usaron ferramentas de Intelixencia Artificial así que tamén tedes que ser creativos nese senso, gravándovos en vídeo mentres escribides, poñendo as fontes cando fagades unha investigación, fotos que vos inspiraron, explicación do proceso creativo, entrevista, etc.