Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros
  • Radio e YouTube
  • Xestión
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Informe Final 22/23

Posted on 20 Xuño, 202327 Xuño, 2023 By admin Non hai comentarios en Informe Final 22/23

Durante o presente ano lectivo, o equipo pertencente ao CLUBE lanzamos un renovado servizo da biblioteca escolar a través das seguintes accións:

  • Compra de 74 libros en formato físico en galego, castelán, portugués, inglés e francés; de temática variada, Igualdade, Informática, ficción e non-ficción, auto axuda; e xéneros como narrativa, poesía, teatro, ensaio e banda deseñada. Incorporación de títulos de lectura fácil.
  • Creación dun catálogo de audiolibros e compra de dous títulos.
  • Creación de tres mochilas viaxeiras.
  • Subscrición a Kobo e compra dun lector de libros electrónicos.
  • Radio e YouTube: Subscrición a iVoox e creación de 18 podcasts para a canle LusoMicroFonia. Creación dun catálogo de podcast en galego. Publicación de 8 vídeos na canle de YouTube.
  • Dinamización de 11 obradoiros e publicidade sobre YouTubeiras e Certame de Imaxes PNO.
  • Creación dunha web específica: clube.iessanclemente.net
  • Publicación de 9 boletíns que inclúen recomendacións de lectura.
  • Actividades de voluntariado (biblioteca solidaria), entre elas, rexistro de libros en Meiga e GSheets. Un total de 11 diplomas emitidos pola dirección Consellaría de Política Social.
  • Colaboración coa EOI de Vilagarcía de Arousa e co EDLG, Obradoiro de Igualdade e Departamento de Português do IES San Clemente.

Para finalizar, informamos da consecución dos seguintes obxectivos sinalados no Plan Anual de Lectura:

  • Creouse unha web específica que centraliza todos os recursos.
  • Lanzáronse un mínimo de 3 campañas para a dinamización da biblioteca e difundíronse por correo electrónico interno e redes sociais.
  • Realizáronse como mínimo 2 obradoiros.
  • Participaron como mínimo 10 persoas nos obradoiros.
  • Participaron como mínimo 20 estudantes no club de lectura.
  • Emprestáronse como mínimo 50 exemplares da biblioteca.
  • Adquiríronse como mínimo 20 exemplares a petición do alumnado.
  • Adquiríronse como mínimo 20 exemplares solicitados polo profesorado, EDLG e Obradoiro da Igualdade.
  • Creáronse como mínimo 5 episodios de podcast que relaciona varias áreas de coñecemento e utilizan recursos da biblioteca.
  • Realizouse 1 actividade de formación propia de persoas usuarias do servizo.
  • Participouse como mínimo en 1 actividade de formación da Consellaría, relacionada coa biblioteca.

E ficaron estes dous para o próximo ano:

  • Publicouse un manual para persoas usuarias do servizo.
  • Creouse un relatorio de requisitos previos para a implantación do autopréstamo.
novas

Navegación de entradas

Previous Post: Agenda 2030 do desenvolvimento sustentável
Next Post: Baixo o mesmo ceo

More Related Articles

Certificados de voluntariado 22/23 novas
Club de lectura 23/24 novas
Visita a Pouland Studios novas
Premios Youtubeiras 2022 novas
Club de lectura 23/24 – Actividade final na EOI novas
Um Tripé para o meu e-book 3 novas

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

Artigos recentes

  • Visita à CRTVG (2025)
  • Boletín abril 2025
  • 38º Concurso Literario
  • Visita a Pouland Studios
  • Pioneiras: Galegas que abriron camiño

Comentarios recentes

  1. a23carlosbp en Formula One
  2. a23noamg en Fate/Strange Fake
  3. a24iagorg en ICONS. Something’s off
  4. a24dayrogq en O Neno do pixama de raias
  5. a24aliciarv en The Book of Bill

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme