Oito integrantes do grupo “Compostela” xunto co profesor acompañante, foron ao cinema das Cancelas a ver La Bola Negra, un filme tan impactante que até esqueceron facer a típica foto de grupo :-S

E na seguinte semana fixeron un roteiro polo río Sarela abaixo, entre Santa Isabel e San Lourenzo (en realidade, un pouco máis alá) para coñecer o percurso e crear un Peddy Paper para xogaren no futuro outros/as participantes.








