Manual de publicacion no Website do CLUBE
A biblioteca escolar ten un website propio que se pode visitar no enderezo clube.iessanclemente.net
Unha das súas seccións, Lectura estendida, permite consultar información sobre libros concretos e tamén publicala no caso de teres conta no dominio (a mesma que usas en Mestre, ou para iniciar sesión nos computadores do IES):
Se non tes conta (alumnado de Distancia) podes solicitala escribindo a clube@iessanclemente.net
1.- Despois de iniciar sesión, se queres publicar información sobre un libro, primeiro comproba se xa ten un artigo:

2.- Se xa existe, podes publicar a túa contribución nun comentario novo, no cadro de texto que atoparás ao pé da páxina:

Se precisas inserir un link, podes usar este código:
👉 <a href=”URLdeDESTINO” rel=”nofollow ugc”>Ligazón</a>
3.- En caso contrario, podes crear unha novo artigo clicando en calquera destes tres lugares:

4.- Escribe o título do libro e unha pequena descrición como na mostra. Na dereita, escolle a categoría “lectura-estendida” e as etiquetas que mellor definan o libro en cuestión. Debaixo de “Etiquetas”, en “Imaxe destacada”, sube a portada que tes que descargar previamente doutro website.

5.- Publica e comproba o resultado. Lembra que en calquera momento podes completar o artigo ou corrixir erros, editándoo. Envía un correo a clube@iessanclemente.net comunicando a nova publicación. Parabéns!!
