A terceira sesión do club de lectura contou con 16 asistentes (13 estudantes e 3 profes) en colaboración coa biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. Realizamos unha actividade á volta das lecturas sobre Igualdade e Diversidade, segundo a planificación do obradoiro de lectura estendida.
En primeiro lugar, tivemos que identificar os diferentes espazos da biblioteca (Libros para empréstito, Posto de empréstito e devolución de exemplares, Posto de catalogación, Recuncho de lectura individual, Zona de traballo colaborativo, Postos de acceso á internet e Expositores).
A seguinte proposta consistiu en localizar varios libros de banda deseñada en todas as linguas ensinadas na EOI, follealos e dicir por que están relacionados co tema principal: por falar sobre feminismo, orientación sexual, racismo, etc.
Para finalizar, escollemos varios títulos para comprar para a biblioteca do IES San Clemente e poder lelos no verán.
Agradecemos ao profesorado da EOI que preparou esta actividade, que nos acompañou… e que despois tivo que colocar todo no seu sitio 😉
Se queres ver o artigo que fala da actividade de PluriFP em Português realizada o mesmo día, clica aquí.
Comments on “Club de lectura 23/24 – Actividade final na EOI”