Durante o presente ano lectivo, o equipo pertencente ao CLUBE lanzamos un renovado servizo da biblioteca escolar a través das seguintes accións:
- Compra de 74 libros en formato físico en galego, castelán, portugués, inglés e francés; de temática variada, Igualdade, Informática, ficción e non-ficción, auto axuda; e xéneros como narrativa, poesía, teatro, ensaio e banda deseñada. Incorporación de títulos de lectura fácil.
- Creación dun catálogo de audiolibros e compra de dous títulos.
- Creación de tres mochilas viaxeiras.
- Subscrición a Kobo e compra dun lector de libros electrónicos.
- Radio e YouTube: Subscrición a iVoox e creación de 18 podcasts para a canle LusoMicroFonia. Creación dun catálogo de podcast en galego. Publicación de 8 vídeos na canle de YouTube.
- Dinamización de 11 obradoiros e publicidade sobre YouTubeiras e Certame de Imaxes PNO.
- Creación dunha web específica: clube.iessanclemente.net
- Publicación de 9 boletíns que inclúen recomendacións de lectura.
- Actividades de voluntariado (biblioteca solidaria), entre elas, rexistro de libros en Meiga e GSheets. Un total de 11 diplomas emitidos pola dirección Consellaría de Política Social.
- Colaboración coa EOI de Vilagarcía de Arousa e co EDLG, Obradoiro de Igualdade e Departamento de Português do IES San Clemente.
Para finalizar, informamos da consecución dos seguintes obxectivos sinalados no Plan Anual de Lectura:
- Creouse unha web específica que centraliza todos os recursos.
- Lanzáronse un mínimo de 3 campañas para a dinamización da biblioteca e difundíronse por correo electrónico interno e redes sociais.
- Realizáronse como mínimo 2 obradoiros.
- Participaron como mínimo 10 persoas nos obradoiros.
- Participaron como mínimo 20 estudantes no club de lectura.
- Emprestáronse como mínimo 50 exemplares da biblioteca.
- Adquiríronse como mínimo 20 exemplares a petición do alumnado.
- Adquiríronse como mínimo 20 exemplares solicitados polo profesorado, EDLG e Obradoiro da Igualdade.
- Creáronse como mínimo 5 episodios de podcast que relaciona varias áreas de coñecemento e utilizan recursos da biblioteca.
- Realizouse 1 actividade de formación propia de persoas usuarias do servizo.
- Participouse como mínimo en 1 actividade de formación da Consellaría, relacionada coa biblioteca.
E ficaron estes dous para o próximo ano:
- Publicouse un manual para persoas usuarias do servizo.
- Creouse un relatorio de requisitos previos para a implantación do autopréstamo.