Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros / eBooks
  • Radio
  • Xestión
  • Moito máis > IES San Clemente
  • Toggle search form

Obradoiros

Clica aquí para veres as novas relacionadas cos Obradoiros.

Club de electrónica, multimedia, programación, lectura, linguas estranxeiras, cinema, impresión 3D, robótica, escritura creativa… do que ti queiras!!

  • Organizamos obradoiros presenciais e a distancia, fóra do horario lectivo.
  • Son gratuítos, teñen unha duración de 5 horas cada un, con posibilidade de diploma.
  • Están baseados nas metodoloxías TIC, TAC, ALFIN e contan con tres fases: investigación, produción e publicación.

Propostas para o ano 2026/2027:

  • Lectura estendida: escollemos un libro calquera, facemos unha pequena investigación sobre algún aspecto que conteña e publicamos unha ficha con esa información aquí. Tres obradoiros para participar con libros en galego, en linguas estranxeiras e sobre igualdade e diversidade.
  • Portugués, Italiano, Francés, Inglés e Lingua de signos: introdución a estes idiomas prestando especial atención á oralidade e ao contexto informático e laboral. Posibilidade de aumentar a duración e de certificación oficial.
  • Python, Raspberry Pi, Creación de podcast… e outras propostas relacionadas coa tecnoloxía. Se formades un grupiño e propondes un tema, tedes o obradoiro garantido.
  • Compostela: saídas pola cidade con visitas guiadas a empresas, escolas, museos, parques, roteiros, cinema, teatro, etc, adestrando competencias de autonomía persoal e social. Inclúen actividades de fotografía, edición de imaxe e vídeo.
  • Voluntariado: tarefas tradicionais das bibliotecas escolares como alta e baixa de lectores e libros, xestión de préstamos e devolucións, etc. Inclúe un diploma oficial da Xunta de Galicia, de entre 15 e 30 horas. Tamén podes optar a este diploma se participas nun mínimo de tres obradoiros.

Queres participar nalgunha propostas? Solicita aquí a túa praza

Queres dinamizar algún obradoiro sobre algo que se che dea ben? Escríbenos a: clube@iessanclemente.net

Queres inserir o calendario de actividades no teu propio Google Calendar? Clic aquí

 

Histórico

Queres ver o que fixemos outros anos? Interésache repetir algún destes obradoiros?

Histórico de obradoiros

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme