O pasado 17 de outubro estivemos no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela na Xornada de Bibliotecas Escolares. Nesta edición incidiuse no impacto da Intelixencia Artificial (IA) no proceso de obtención de coñecemento e en como a IA pode complementar o traballo que se está a facer dende as Bibliotecas Escolares. Houbo ponencias de Carlos A. Scolari e Joan-Tomás Pujolà Font sobre esta temática.
Asistimos a ponencias relacionadas co traballo da información a calquer idade. Participamos na mesa de cómic de divulgación “Divulgar entre Viñetas”, e asistimos á ponencia que se fixo resaltando a importancia das lecturas de non ficción para entender o mundo.
O mais interesante foi e sesión sobre a busca de información con alumnado adulto, onde compañeiras do CIFP A Farixa e da EOI de Monforte compartiron distintas experiencias desenvolvidas nos seus centros educativos.
Despois desta xornada o Equipo de Biblioteca do IES San Clemente está cheo de ideas para implementar no noso centro.