Obradoiros!
Finalizada con éxito a primeira edición de Français et Informatique, parabéns ás catro participantes!
Estas son as actividades do mes de novembro:
- Lectura estendida: libros en galego. Xa publicamos contidos de proba!
- Edición de imaxes con GIMP.
Se aínda non solicitaches a túa praza, podes facelo aquí.
Tamén arrancamos o programa de voluntariado e tivemos a reunión inicial!
Premios Youtubeiras
En relación co club de lectura en galego, tivemos a visita de Neeumatiko e Olaxonmario, que explicaron ao alumnado de 1SMR en que consiste esta proposta e como a poden relacionar coa lectura.
Novidades bibliográficas
- Administración de Sistemas informáticos en red do profesor Alex Dapena.
- Audiolibros: Cantares Gallegos, Contos da Miña Terra e Follas Novas, de Rosalía de Castro.
- Estou a estudar Português
- Segurança dos Sistemas de Informação
- Práticas de Python
- Stray Dog N.º 1
- Solo Leveling 1
- Astérix e o Regresso dos Gauleses
- Death Note – Black Edition N.º 01
- Os Homens de Putin