Clica aquí para veres as novas relacionadas cos Obradoiros.
Club de electrónica, multimedia, programación, lectura, linguas estranxeiras, cinema, impresión 3D, robótica, escritura creativa… do que ti queiras!!
- Organizamos obradoiros presenciais, semi-presenciais e a distancia, fóra do horario lectivo.
- Son gratuítos, teñen unha duración de 5 horas cada un, con posibilidade de diploma.
- Están baseados nas metodoloxías TIC, TAC, ALFIN e contan con tres fases: investigación, produción e publicación.
Propostas para o ano 2024/2025:
- Raspberry Pi: prácticas con este micro computador que integran un pouco de hardware, electrónica, sistemas operativos, redes e programación.
- Creación musical da man de Pouland Studios.
- Creación dun website con Cloudflare: contratar un dominio propio, usar GitHub, adaptar un modelo de páxina web simple e tamén veremos un chisco de HTML e CSS.
- Lectura estendida: escollemos un libro calquera, facemos unha pequena investigación sobre algún aspecto que conteña e publicamos unha ficha con esa información aquí. Tres obradoiros para participar con libros en galego, en linguas estranxeiras e sobre igualdade e diversidade.
- Portugués, Italiano, Francés, Inglés e Lingua de signos: introdución a estes idiomas prestando especial atención ao contexto informático e laboral.
Outras propostas de maior duración:
- Portugués, Italiano, Francés e Inglés: continuación do obradoiro de introdución cos obxectivos de profundar e certificar oficialmente o nivel.
- Voluntariado: tarefas tradicionais das bibliotecas escolares como alta e baixa de lectores e libros, xestión de préstamos e devolucións, etc. Inclúe un diploma oficial de entre 15 e 30 horas expedido pola Xunta. Tamén podes optar a este diploma se participas nun mínimo de tres obradoiros.
- Correspondentes xuvenís: facer eco das propostas destinadas á xuventude a través da creación de produtos multimedia (podcast, vídeo, carteis, etc). Participación en concursos, nun encontro de tres días en Gandarío e outras xornadas con mocidade galega. Con certificado oficial de Xunta de Galicia.
Queres participar nalgunha das propostas mencionadas? Solicita aquí a túa praza
Queres inserir o calendario de actividades no teu propio Google Calendar? Clic aquí
Tes algunha necesidade concreta de formación (ou simplemente curiosidade) noutra área? Queres dinamizar algún obradoiro sobre algo que se che dea ben? Escríbenos a: clube@iessanclemente.net
Cronograma
Temporalización aproximada
Actividades 24/25 | Mes |
---|---|
Lectura estendida – lingua estranxeira | Outubro e novembro |
Portugués, Italiano, Francés e Inglés | Outubro |
Raspberry Pi | Novembro |
Lectura estendida – Galego | Xaneiro e febreiro |
Lingua de signos | Xaneiro |
Creación musical | Febreiro |
Lectura estendida – Igualdade | Abril e maio |
Creación dun website | Abril |
Voluntariado na biblioteca | Decembro a maio |
Correspondentes xuvenís | Decembro a maio |
Histórico
Queres ver o que fixemos outros anos? Interésache repetir algún destes obradoiros?