Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros
  • Radio e YouTube
  • Xestión
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

38º Concurso Literario

Posted on 7 Abril, 202517 Maio, 2025 By admin Non hai comentarios en 38º Concurso Literario

Fallo do xurado:

Primeiro premio, modalidade de poesía:

José Ángel Rubicco Ferro polo haiku Poder

Primeiro premio, modalidade de relato:

Noa Martínez González por Unha dose de surrealidade

☼

Bases:

O CLUBE do IES San Clemente convoca o 38º Concurso Literario. Bases:

  • Poderá participar todo o alumnado do IES San Clemente (ESA, Bacharelato e Ciclos Formativos).
  • Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante pode entregar un traballo en cada modalidade.
  • Deberán ser orixinais, orgánicos (*), inéditos, de temática libre e escritos en galego.
  • A extensión máxima do relato é de 5 páxinas e a mínima de media páxina, escritos a dobre espazo en letra Arial 12. Na modalidade de poesía, a extensión é libre.
  • Os traballos deberán enviarse en formato odt, doc ou docx por correo electrónico a clube@iessanclemente.net, indicando o título, os datos persoais e a proba (*).
  • Data límite: 6 de maio de 2025 ás 23:59.
  • Para cada modalidade, haberá un primeiro premio por valor de 100 € e un segundo de 75 €, para cambiar por material informático, de papelería ou libros. Os premios non poderán quedar desertos. A criterio do xurado, tamén se poderán conceder accésit.
  • O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro.
  • A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

(*) Tócavos demostrar de algunha maneira que os textos son propios e que non se usaron ferramentas de Intelixencia Artificial así que tamén tedes que ser creativos nese senso, gravándovos en vídeo mentres escribides, poñendo as fontes cando fagades unha investigación, fotos que vos inspiraron, explicación do proceso creativo, entrevista, etc.

novas

Navegación de entradas

Previous Post: Visita a Pouland Studios
Next Post: Boletín abril 2025

More Related Articles

Visita a Pouland Studios novas
Informe Final 22/23 novas
Club de Lectura Fácil novas
Um Tripé para o meu e-book 3 novas
Club de lectura 23/24 novas
11F 2025 – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia novas

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

Artigos recentes

  • Visita à CRTVG (2025)
  • Boletín abril 2025
  • 38º Concurso Literario
  • Visita a Pouland Studios
  • Pioneiras: Galegas que abriron camiño

Comentarios recentes

  1. a23carlosbp en Formula One
  2. a23noamg en Fate/Strange Fake
  3. a24iagorg en ICONS. Something’s off
  4. a24dayrogq en O Neno do pixama de raias
  5. a24aliciarv en The Book of Bill

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme