Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros
  • Radio e YouTube
  • Xestión
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

11F 2025 – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Posted on 11 Febreiro, 202511 Febreiro, 2025 By admin Non hai comentarios en 11F 2025 – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Biblioteca do IES San Clemente seleccionou libros do seu catálogo que poñen en valor o traballo de mulleres científicas. 

Ao longo de toda a semana podes desfrutar desta selección no hall de entrada ao centro. Non dubides en botarlles un ollo, consultalos e, se quixeras levar algún exemplar prestado, só tes que preguntar en conserxaría.

Ademais, tedes á vosa disposición un formulario para participar nunha actividade con premio: calquera membro da comunidade educativa poderá recomendar algún outro libro relacionado con muller e ciencia que teña interese para a biblioteca e así participará nun sorteo de 3 bonos regalo de 30 euros en libros, papelaría ou material informático. Se estudas no IES San Clemente a distancia tamén poderás participar enviando un correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net co teu nome e apelidos, curso e a túa suxestión literaria. Todas as recomendacións entrarán no sorteo!

Listaxe dos libros expostos:

*Ciberfeminismo

*Mulleres que (nos) dan que pensar (África López Souto)

*Pioneiras: Galegas que abriron camiño IG064

*Pioneiras 2 Galegas que abrion camiño IG065

*Pioneiras da ciencia en Galicia (Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland) IG 044

*E ti, que científicas coñeces?IG062

*As mulheres que amavam os videojogos (Antía Seoane e Maite Sanmartín) PT128

*Hipatia; La verdad en las matemáticas (Jordi Bayarri e Dani Seijas) IG054

*Histórias de adormecer para raparigas rebeldes: 100 jovens inspiradoras que mudaram o mundoPT074

*Mulheres sem medo (Marta Breen e Jenny Jordahl) PT073

*Destemidas: Mulheres que só fazem o que querem (Pénélope Bagieu) PT075

*Culottées: Des femmes qui ne font que ce qu’elles veulent (Pénélope Bagieu) FR009

Actividade dinamizada por Carme Otero, membro do equipo da biblioteca e do Obradoiro da Igualdade.

novas

Navegación de entradas

Previous Post: Boletín febreiro 2025
Next Post: Día Mundial da Radio 2025

More Related Articles

Premios Youtubeiras 2022 novas
Certificados de voluntariado 22/23 novas
Kobo e Lectura fácil novas
Club de lectura estendida – marzo 2025 novas
Voluntariado 2022/2023 novas
Informe Final 22/23 novas

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

Artigos recentes

  • Superpoderes 2025
  • Exóticas 2025
  • Visita à CRTVG (2025)
  • Boletín abril 2025
  • 38º Concurso Literario

Comentarios recentes

  1. a23carlosbp en Formula One
  2. a23noamg en Fate/Strange Fake
  3. a24iagorg en ICONS. Something’s off
  4. a24dayrogq en O Neno do pixama de raias
  5. a24aliciarv en The Book of Bill

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme