Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros
  • Radio e YouTube
  • Xestión
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Lectura Estendida

Clica aquí para veres as fichas dos libros con contidos de lectura estendida.

Imaxina que estás lendo un libro, hai unha cousa que te chama especialmente a atención e vas investigala na Internet, como explica Ter neste vídeo a partir do minuto 2:45.

Esas imaxes, vídeos… información ultrainteresante que vamos atopando, podemos xuntala nunha páxina web para que tamén a aproveiten outras persoas.

Iso é o que facemos no “club de lectura estendida”: realizar pequenas investigacións e producións a partir da lectura dun libro tradicional e incorporalas no noso sitio web. Colocamos un código QR en cada un deses libros para poder acceder rapidamente aos contidos relacionados a través do teléfono móbil.

Se queres colaborar elaborando unha infografía, podcast, booktrailer ou simplemente compartindo información xa publicada relacionada cun dos libros da nosa biblioteca, clica aquí e inicia sesión coa túa conta do dominio iessanclemente.net. Se non tes conta, solicítaa escribindo a clube@iessanclemente.net

Guía para publicar no website do Clube

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme