Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros
  • Radio e YouTube
  • Xestión
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Alta Koha

Rexistrar un título

  1. Comproba en Buscar no catálogo se xa existe na nosa biblioteca. Nese caso fai clic en Novo, Novo ítem. Salta ao paso X.
  2. Se non existe, clica no menú Máis, Catalogación, Busca en catalogación, pega o ISBN sen guións e preme enter.
  3. Se aparece, preme en Accións, Editar rexistro para completar a información nos seguintes pasos.
  4. Se non aparece: Novo rexistro, Material textual.
  5. Páxina 0. Clic na icona do lapis, en Información xeral. Ábrese unha xanela. Preencher:
    • Data1: Normalmente, a do copyright.
    • Lugar: Non aparece USA, se non atopamos o estado, escollemos nju.
    • Idioma.
  6. Preencher ISBN sen guións.
  7. Páxina 1. Apelido principal, Nome [outros apelidos]. Exemplo: Brown, Dan. Termo indicativo de función: autor/a.
  8. Páxina 2. Título e Autores.
  9. Páxina 2. Editorial e data de publicación.
  10. Páxina 3. Páxinas. Exemplo: 568 p.
  11. Páxina 5: Nota xeral. Clic en repetir a etiqueta, dúas veces.
    • Copiar/pegar a frase: Queres crear unha ficha no Clube? ou se xa existe, poñemos Queres ler e comentar na ficha no Clube?
    • Copiar/pegar a frase: https://clube.iessanclemente.net/lectura-estendida/ ou ben o link á ficha existente.
    • Copiar/pegar de internet unha resumo moi breve.
  12. Páxina 5. Nota de contido. Copiar/pegar a frase ⬋ Clic en Notas de título.
  13. Clica en gardar.
  14. Nesta páxina inserimos os datos dun exemplar concreto.
    • h: Código CDU. Exemplo: 6IN4MT 
    • i: duplicar o campo na icona da dereita.
    • No primeiro campo “i”, inserir as tres primeiras letras do apelido, en maiúsculas. Exemplo: MON
    • No segundo campo “i”, inserir as tres primeiras letras do título, en minúsculas. Exemplo: eng
    • y: Prestable.
  15. Clica en Engadir ítem. Espera un minutiño a que se actualice a base de datos.
  16. Busca o libro no catálogo. Se non ten a portada, súbea en Editar, Cargar imaxe de cuberta. Ás veces amosa un erro pero si que a carga.

Actualizar contacto

  • Editar, enderezo de email.
  • Uso de biblioteca, editar, resetear contrasinal

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme