Para dar de alta un libro en Meiga, temos que facer login coa conta ADMIN.
1.- Comprobar se un libro está rexistrado → Ir a Rexistro Inicial e pór o ISBN
Se o libro está rexistrado xa se cobren autimaticamente o resto de campos como na imaxe anterior.
2.- Se o libro non está rexistrado (como se pode ver na imaxe)
Temos que cubrir os seguintes campos:
- Título: completo.
- Autor/a: apelidos, nome → a autora Ledicia Costas debemos rexistrala como: Costas, Ledicia.
No caso de que o apelido inclúa a preposición “de” debemos incluíla tamén. Por exemplo: Sophia de Mello Breyner debemos rexistrala como: de Mello Breyner, Sofía.
No caso de seren varios autores ou autoras debemos pór: VVAA (significa “Varios Autores”)
- Lugar de publicación: esa información encóntrase na “páxina legal” ou “páxina de dereitos”, costuma ser a 3ª páxina.
- Editorial: pode verse na capa, contraportada ou na “páxina legal”.
- Ano de publicación: pode consultarse na “páxina legal”. Se o libro ten varias edicións, debe rexistrarse o ano que aparece indicado como “desta edición” ou a última edición
O seguinte paso para continuar co rexistro do libro é abrir o segundo cadro da esquerda do menú principal
Aquí xa deben aparecer o campos cubertos no paso anterior. A maiores debemos cubrir os seguintes apartados:
CDU que é un sistema de clasificación bibliográfica. Os códigos pódense consultar nesta ligazón e nesta imaxe podemos ver unha versión reducida.
Para simplificar a catalogación empregaremos os seguintes CDU para cada unha das categorías da Biblioteca Ultramoderna:
- Inglés: 821.111 Literatura inglesa
- Francés: 821.133.1 Literatura francesa
- Español: 821.134.2 Literatura castelá
- Portugués: 821.134.3 Literatura portuguesa
- Galego: 821.134.4 Literatura galega
- Outras linguas: 821 Literatura das distintas linguas
- ESO e BAC: 373.5 Educación secundaria obrigatoria ou 373.58 Bacharelato
- EDLG: 821.134.4 Literatura galega
- Igualdade e diversidade: 14 Sistemas filosóficos
- Informática: 004 Informática
- Filmes: 791.4 Cine
A ubicación: debemos escoller o lugar onde irá situado o libro fisicamente no centro dentro da lista que ofrece Meiga. Importante: despois de escoller a ubicación, premer ENTER.
Para finalizar, preme en GRAVAR.