Este libro, Comerás flores, renta PEC porque fala dunha relación chico-chica, en plan, tipo perfecta pero acaba dando cringe.
Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar
Este libro, Comerás flores, renta PEC porque fala dunha relación chico-chica, en plan, tipo perfecta pero acaba dando cringe.
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.
Marina está pasando polo evento canónico máis duro da súa vida, acaba de morrerlle o pai. Aí coñece a Jaime, parece o mozo con +1000 de aura: ten casa top, plans facheros e farmea aura. Pero, literal, acaba converténdose nun señoro con red flags por todas partes, todo un NPC. Marina vai deixando de lado a súa bestie Diana, a súa vida e mesmo parte da súa pernonalidade. Facto, non é só unha historia dun crush, é unha historia cun lore brutal, rollo aprender a saír do que non cunde emocionalmente.
Ou noutras palabras, para todos os públicos:
Este libro, Comerás flores, merece a pena porque trata sobre una relación aparentemente ideal entre un mozo e unha moza que acaba sendo prexudicial.
A protagonista, Marina, está atravesando un dos momentos más difíciles da súa vida trala morte do seu pai. Nese contexto coñece a Jaime, que ao principio parece a parella perfecta: ten unha boa situación económica, propón plans interesantes e agrada ás persoas que o rodean. Porén, pouco a pouco, mostra comportamentos tóxicos e controladores.
A medida que avanza a relación, Marina vaise afastando da súa mellor amiga, Diana, da súa vida anterior e mesmo de parte da súa propia personalidade. Por isto, a novela non é só unha historia de amor. Tamén é un relato sobre o crecemento persoal e a importancia de aprender a saír de relacións que non son emocionalmente saudables.
Aquí vai algún enlace a entrevistas coa autora, Lucía Solla Sobral:
Página 2: https://www.rtve.es/play/videos/pagina-dos/lucia-solla-sobral-amor-comeras-flores/16866716/
Al cielo con ella: https://www.rtve.es/television/20260301/lucia-solla-sobral-autora-comeras-flores/16957468.shtml
Club de lectura: https://www.youtube.com/watch?v=cEBWwOncKTM