Skip to content

Clube IES San Clemente

Club de Lectura e actividades Ultramodernas da Biblioteca Escolar

  • Inicio
  • Novas
  • Boletíns
  • Obradoiros
  • Lectura Estendida
  • Audiolibros
  • Radio e YouTube
  • Xestión
  • Moito máis, no IES San Clemente
  • Toggle search form

Alta Koha

Rexistrar un título

  1. Comproba en Buscar no catálogo se xa existe na nosa biblioteca. Nese caso fai clic en Novo, Novo ítem. Salta ao paso 13.
  2. Se non existe, clica no menú Máis, Catalogación, Busca en catalogación, pega o ISBN sen guións e preme enter.
  3. Se aparece, preme en Accións, Editar rexistro para completar a información nos seguintes pasos.
  4. Se non aparece: Novo rexistro, Material textual.
  5. Páxina 0. Clic na icona do lapis, en Información xeral. Ábrese unha xanela. Preencher:
    • Data1: Normalmente, a do copyright.
    • Lugar: Non aparece USA, se non atopamos o estado, escollemos nju.
    • Idioma.
  6. Preencher ISBN sen guións.
  7. Páxina 1. Apelido principal, Nome [outros apelidos]. Exemplo: Brown, Dan. Termo indicativo de función: autor/a.
  8. Páxina 2. Título e Autores.
  9. Páxina 2. Editorial e data de publicación.
  10. Páxina 3. Páxinas. Exemplo: 568 p.
  11. Páxina 5: Nota xeral. Copiar/pegar de internet un resumo moi breve.
  12. Clica en gardar.
  13. Nesta páxina inserimos os datos dun exemplar concreto.
    • Campo e: Anterior a setembro de 2025 ou Orzamento 25/26 ou Doazón
    • Campo h: Código CDU. Exemplo: 6IN4MT 
    • Campo i: duplicar o campo clicando na icona da dereita.
    • No primeiro campo “i”, inserir as tres primeiras letras do apelido, en maiúsculas. Exemplo: MON
    • No segundo campo “i”, inserir as tres primeiras letras do título, en minúsculas. Exemplo: eng
    • Campo y: Prestable.
    • Campo z: Este código. Primeira opción, se non ten ficha de lectura estendida. Segunda se xa a ten (substituír os X polo link).
  14. Clica en Engadir ítem. Espera un minutiño a que se actualice a base de datos.
  15. Busca o libro no catálogo. Se non ten a portada, súbea en Editar, Cargar imaxe de cuberta. Ás veces amosa un erro pero si que a carga.

Actualizar contacto

  • Editar, enderezo de email.
  • Uso de biblioteca, editar, resetear contrasinal

		

by-nc-sa 2022 CLUBE IES San Clemente.

Powered by PressBook Blog WordPress theme